Un día - Son Trío

by admin 4 years ago 492 Views

Un día · Celso Emilio Ferreiro · Viaxe ao país dos ananos

**************************
Canción gañadora do II Premio Celso Emilio Ferreiro de poemas musicados
**************************

Música e metalófono: Katerina Linke
Voz: Su Garrido Pombo
Cello: Susanna Blanco

Produción artística musical: Gonso Pedrido
http://www.sontrio.eu

Son Trío cambia de instrumentación para facer algo distinto, cunha composición orixinal para o poema 'Un día' que Celso Emilio Ferreiro escribira polo pasamento do seu irmán na esperanza Antón Beiras.
O videoclip foi gravado integramente nas rúas de Vigo que tantas veces percorreran o protagonista e o autor do poema.
Como nas outras pezas de Son Trío a composición correu a cargo de Katerina Linke, que esta vez cambiou o piano polo metalófono. Á voz está Su Garrido Pombo, e ao cello Susanna Blanco. Gonso Pedrido encargouse da produción artística da canción en Villa Angelina.

UN DÍA
Eu sei que un día dobraréi unha esquina
e xa non voltaréi atrás.
Colleréi unha rúa de auga infinda
feita de noite e de cristal.
Pasarán silenciosos carros
e xentes que nada me dirán.
Camiñarei perdido definitivamente
e nunca máis voltaréi ao meu fogar.
Entón, non tendo outra cousa que facer,
seguramente poréime a pensar
que a vida é un motor moi complicado
i-a morte unha solemne imbecilidá

Sign in with your VideoCelt.com account to post comments.